As federacións deportivas galegas son entidades privadas sen ánimo de lucro que, xunto as funcións que lle son propias polo seu ámbito de actuación privada, exercen por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia).
As funcións ás que se deberá dar publicidade son as que se especifican no art. 56 da Lei do Deporte de Galicia, e recollidas tamén nos respectivos Estatutos federativos
Funcions detalladas
A FESSGA dentro da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, ademais das súas funcións propias de promoción, goberno, administración, xestión e organización do salvamento acuático e socorrismo, exercerá, baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:
5.1 Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas.
5.2 Fomenta‐lo desenvolvemento e práctica do mencionado deporte, en tódalas súas facetas, e calquera ampliación recomendada pola Federación Española de Salvamento y Socorrismo, regulamenta‐la súa técnica e organizar campionatos e competicións.
5.3 Imparti‐los cursos de salvamento acuático e primeiros auxilios, e expedi‐las correspondentes titulacións de carácter profesional.
5.4 Colaborar nas operacións de salvamento acuático e socorrismo en medios acuáticos e calquera outros para as que sexa requirida.
5.5 Colaborar, se é preciso, coa Federación Española no deseño, elaboración e execución dos plans de preparación dos deportistas de alto nivel, así como participar na elaboración das listas anuais deles.
5.6 Formar, en colaboración coa Federación Española, os técnicos deportivos, así como previr, controlar e reprimi‐lo uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte do salvamento acuático.
5.7 Cualificar e organizar, se é o caso, as actividades e competicións oficiais de carácter autonómico.
5.8 Organizar ou tutela‐las competicións oficiais de carácter nacional que se celebren no territorio autonómico.
5.9 Exerce‐lo control das subvencións que asignen as asociacións e entidades deportivas nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.
5.10 Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.
5.11 Formar debidamente os técnicos en tódalas súas especialidades.
5.12 Contrata‐lo persoal necesario para o cumprimento das súas funcións e a prestación dos seus servicios.
5.13 Autoriza‐la venda ou cesión dos dereitos de transmisión televisada ou radiada das competicións oficiais de ámbito autonómico.
5.14 Calquera outras que lle sexan atribuídas pola lexislación vixente ou que acorde no ámbito da súa competencia a asemblea xeral da federación
- Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, ou norma que a substitúa.
- Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
- Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, modificado polo Decreto 171/2021, do 23 de decembro.
- Resolución do 8 de setembro de 2009, da Secretaría xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou ou norma que a substitúa.
- Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia de cada entidade (Estatutos, Regulamentos, etc.)
Enlaces a normativa:
-
- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20120413/AnuncioC3B0-040412-14490_gl.html
- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140718/AnuncioG0244-110714-0001_es.html
- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211229/AnuncioG0595-271221-0002_gl.html
- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2009/20090910/Anuncio3378E_gl.html
- Estatutos FESSGA
Xunta directiva
Cargo | Nome e apelidos | DNI |
---|---|---|
Presidenta | NURIA RODRÍGUEZ SUÁREZ | ****7935N |
Vicepresidente 1º | ISMAEL GARCÍA GARCÍA | ****7772S |
Vicepresidente 2º | DAVID LISTA FACAL | ****3789X |
Secretaria | MARTINA RIOS BELLO | ****6522M |
Tesoureiro | BORJA CANEDO MARTINEZ | ****4024Q |
Vogal | SERGIO QUINTELA DÍAZ | ****2722M |
Vogal | DIEGO LÓPEZ REY | ****1933R |
Asamblea Xeral
Estamento | Nome e apelidos | DNI |
---|---|---|
Presidencia | NURIA RODRÍGUEZ SUÁREZ | ****7935-N |
Clubes | Club Salvamento Salvour | G32421778 |
Clubes | Salvamento Sada | G70076583 |
Clubes | Salvamento y Socorrismo Carballo | G15171911 |
Clubes | Club Salvamento A Laracha | G15863079 |
Clubes | Club acuático UMIA | G36291250 |
Clubes | Salvamento Arteixo | G70192190 |
Clubes | Club Salvamento Vilagarcía | G94093721 |
Deportistas DGAN | Helena Torreiro Guillín | ****7050-E |
Deportistas | Antía García Silva | ****4397-C |
Deportistas | David Lista Facal | ****3789-X |
Xuíces | Verónica Naya Rama | ****0867-K |
Técnicos | Artur Xaquín Cougil Conde | ****2041-E |
Comisión delegada
Estamento | Nome e apelidos | DNI |
---|---|---|
Presidencia | NURIA RODRÍGUEZ SUÁREZ | ****7935N |
Clubes | Club Salvamento Sada | G70076583 |
Clubes | Club Salvamento Acuático Laracha | G15863079 |
Clubes | Salvamento Arteixo | G70192190 |
Deportistas | David Lista Facal | ****3789-X |
Técnicos | Artur Xaquín Cougil Conde | ****2041-E |
Xuíces | Verónica Naya Rama | ****0867-K |