Plan Corresponsables FESSGA
Igualdade, conciliación e actividade física
A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA), en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral de Igualdade, pon en marcha o Plan Corresponsables, dirixido a nenos e nenas menores de 16 anos.
Este programa ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, promover a igualdade entre mulleres e homes e impulsar a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados e do deporte.
Crear emprego estable e de calidade no sector dos coidados e do deporte
Promover a actividade física saudable e os valores do salvamento deportivo
Fomentar a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade entre mulleres e homes
Favorecer a conciliación das familias con fillas e fillos menores de 16 anos
Accións subvencionables
O Plan Corresponsables subvenciona actuacións de nova creación ou a ampliación e mellora das xa existentes, dirixidas a nenos e nenas menores de 16 anos, a través de actividades vinculadas ao salvamento deportivo.
A duración total do Plan é de tres meses, comprendendo o período de outubro a novembro.
As actividades ofértanse por horas independentes, adaptándose á dispoñibilidade e necesidades das familias.
Procedemento de acceso e inscrición
A xestión das prazas e a inscrición realizarase da seguinte maneira:
- Publicaranse na páxina web da FESSGA e noutros medios de comunicación todas as ofertas dispoñibles.
- As persoas interesadas deberán cubrir o formulario do grupo correspondente, indicando os datos persoais e seleccionando o día e hora desexados.
- Cada actividade contará cun número limitado de prazas —entre 6 e 15 participantes— para garantir grupos reducidos e atención personalizada.
- No caso de que as solicitudes superen o número de prazas dispoñibles, aplicarase a seguinte orde de prioridade:
- Familias monomarentais ou monoparentais.
- Mulleres vítimas de violencia de xénero ou doutras formas de violencia contra a muller.
- Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
- Mulleres maiores de 45 anos.
- Familias con outras cargas relacionadas cos coidados.
- Familias monomarentais ou monoparentais.
5. Os grupos formaranse inicialmente por idade, e posteriormente por nivel deportivo.
Consulta de actividades
Podes consultar as datas e horarios de cada actividade seleccionando a localización na que teñas interese. As ofertas poderán actualizarse segundo avance o Plan, incorporando novas propostas ou modificando as existentes.