Eleccións 2026

Proceso electoral da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo

De acordo coa normativa vixente, a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo iniciará o proceso electoral 2026 conforme ao establecido na lexislación deportiva autonómica e nas instrucións da Secretaría Xeral para o Deporte.

O proceso rexerase, entre outra normativa, polo Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, así como polas súas modificacións posteriores.

Nesta sección publicarase toda a información oficial relacionada co proceso electoral: convocatoria, regulamento electoral aprobado, calendario, censos, resolucións e comunicacións da Xunta Electoral.

Censo técnicos

Censo entidades

Censo deportistas dgan

Censo deportistas

Censo xuíces

Accións subvencionables

O Plan Corresponsables subvenciona actuacións de nova creación ou a ampliación e mellora das xa existentes, dirixidas a nenos e nenas menores de 16 anos, a través de actividades vinculadas ao salvamento deportivo.

A duración total do Plan é de tres meses, comprendendo o período de outubro a novembro.
As actividades ofértanse por horas independentes, adaptándose á dispoñibilidade e necesidades das familias.

Procedemento de acceso e inscrición

A xestión das prazas e a inscrición realizarase da seguinte maneira:

  1. Publicaranse na páxina web da FESSGA e noutros medios de comunicación todas as ofertas dispoñibles.

     

  2. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario do grupo correspondente, indicando os datos persoais e seleccionando o día e hora desexados.

     

  3. Cada actividade contará cun número limitado de prazas —entre 6 e 15 participantes— para garantir grupos reducidos e atención personalizada.

     

  4. No caso de que as solicitudes superen o número de prazas dispoñibles, aplicarase a seguinte orde de prioridade:

     

    • Familias monomarentais ou monoparentais.

       

    • Mulleres vítimas de violencia de xénero ou doutras formas de violencia contra a muller.

       

    • Mulleres en situación de desemprego de longa duración.

       

    • Mulleres maiores de 45 anos.

       

    • Familias con outras cargas relacionadas cos coidados.

       

5. Os grupos formaranse inicialmente por idade, e posteriormente por nivel deportivo.

Consulta de actividades

Podes consultar as datas e horarios de cada actividade seleccionando a localización na que teñas interese. As ofertas poderán actualizarse segundo avance o Plan, incorporando novas propostas ou modificando as existentes.