Deporte e competición en salvamento e socorrismo

O noso traballo no día a día

Ademais da actividade deportiva e formativa, a Federación desenvolve accións transversais que inclúen:

Competicións e normativa

Tecnificación deportiva

Clasificacións, récords e marcas mínimas

Resultados provisionais

Retransmisións en YouTube

O salvamento e socorrismo como disciplina deportiva

O salvamento e socorrismo é moito máis ca unha actividade de seguridade: é tamén un deporte de superación, técnica e traballo en equipo. Desde a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) promovemos o seu crecemento en Galicia a través de competicións oficiais, programas de tecnificación e apoio aos clubs e deportistas federados.

Competicions e normativa

Organizamos e coordinamos campionatos autonómicos e colaboramos en probas nacionais e internacionais. Aquí atoparás toda a información sobre calendarios, regulamentos e convocatorias oficiais.

Tecnificación deportiva

A tecnificación é clave para o rendemento e a progresión dos nosos deportistas.
Na FESSGA desenvolvemos programas de adestramento, control de marcas e seguimento técnico para potenciar o talento galego.

Clasificacións, récords e marcas mínimas

Consulta as clasificacións oficiais, récords galegos e marcas mínimas necesarias para participar en competicións federadas. Un espazo actualizado que recolle os logros dos nosos deportistas e clubs.

Resultados provisionais

Accede aos resultados en tempo real das competicións autonómicas e nacionais.

Publicamos actualizacións constantes para que deportistas, clubs e afeccionados poidan seguir cada evento ao momento.

Retransmisións en YouTube

Segue as competicións de salvamento e socorrismo galego en directo ou revíveas dende o noso canal oficial de YouTube.

A FESSGA aposta pola visibilidade do deporte e o acceso libre aos contidos audiovisuais.