Formación en salvamento e socorrismo
Licenzas FESSGA 2025 – 2026
Actualiza a túa licenza federativa
A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) pon á disposición de deportistas e profesionais os formularios oficiais para a renovación e actualización das licenzas federativas correspondentes á tempada 2025 – 2026.
Dispor da licenza actualizada é imprescindible para participar en competicións oficiais, realizar actividades federadas e gozar das coberturas e vantaxes que ofrece a Federación.