As federacións deportivas galegas son entidades privadas sen ánimo de lucro que, xunto as funcións que lle son propias polo seu ámbito de actuación privada, exercen por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia).
As funcións ás que se deberá dar publicidade son as que se especifican no art. 56 da Lei do Deporte de Galicia, e recollidas tamén nos respectivos Estatutos federativos
Funcions detalladas
A FESSGA dentro da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, ademais das súas funcións propias de promoción, goberno, administración, xestión e organización do salvamento acuático e socorrismo, exercerá, baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:
5.1 Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas.
5.2 Fomenta‐lo desenvolvemento e práctica do mencionado deporte, en tódalas súas facetas, e calquera ampliación recomendada pola Federación Española de Salvamento y Socorrismo, regulamenta‐la súa técnica e organizar campionatos e competicións.
5.3 Imparti‐los cursos de salvamento acuático e primeiros auxilios, e expedi‐las correspondentes titulacións de carácter profesional.
5.4 Colaborar nas operacións de salvamento acuático e socorrismo en medios acuáticos e calquera outros para as que sexa requirida.
5.5 Colaborar, se é preciso, coa Federación Española no deseño, elaboración e execución dos plans de preparación dos deportistas de alto nivel, así como participar na elaboración das listas anuais deles.
5.6 Formar, en colaboración coa Federación Española, os técnicos deportivos, así como previr, controlar e reprimi‐lo uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte do salvamento acuático.
5.7 Cualificar e organizar, se é o caso, as actividades e competicións oficiais de carácter autonómico.
5.8 Organizar ou tutela‐las competicións oficiais de carácter nacional que se celebren no territorio autonómico.
5.9 Exerce‐lo control das subvencións que asignen as asociacións e entidades deportivas nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.
5.10 Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.
5.11 Formar debidamente os técnicos en tódalas súas especialidades.
5.12 Contrata‐lo persoal necesario para o cumprimento das súas funcións e a prestación dos seus servicios.
5.13 Autoriza‐la venda ou cesión dos dereitos de transmisión televisada ou radiada das competicións oficiais de ámbito autonómico.
5.14 Calquera outras que lle sexan atribuídas pola lexislación vixente ou que acorde no ámbito da súa competencia a asemblea xeral da federación